Incríble a editorial Kalandraka que agora exténdese polos océanos para chegar alí onde as boas ideas poden coallar: en tódolos lugares.
Nesta sociedade de éxito inmediato e propostas non demasiado orixinais, son realmente a xente que aposta por novos formatos, arriscados no seu comezo, os que convirten en algo tan curioso coma un formato comercial pasados os anos. E Kalandraka, baixo o meu punto de vista, é unha ledicia para os ollos, e ás veces para as orelliñas dos máis pequechos.
Agora para eses pais con preocupación polo medio, sae á luz este libro.
Dende o famoso coelliño branco ate hoxe en día eu son dos adultos (inda que agora teño unha pequena) que cando vai a unha libraría detense un segundiño a refolla-los libros, inconfundibles, de Kalandraka.
Filed under: libros | Tagged: kalandraka

