Un visionario: vellos libros con novas ideas

Teño na casa uns cantos libros da Editorial Ultramar, dunha colección de peto de ciencia-ficción que agora só atopo en feiras e librarías de vello. Pero veño falarvos de ORA:CLE de Kevin O´Donnell.

Escrito en 1987 fálanos dun mundo no que os ordenadores fan que  Todo estea automatizado por redes informáticas. Dende face-la compra ate ir o traballo. A comunicación en moitos casos (a xente non sae fóra das súas casas porque a vexetación medra libremente para combati-la contaminación e algún que outro perigo) depende coma depende de vós ler este blog, de feito, tra-lo transcurso dun turbador incidente o protagonista inserta a noticia en “internet” e a xente paga por le-la súa narración (caso de algún blog e xornal dixital).

Certamente, a CF lévanos a mundos que ás veces son difíciles de imaxinar, pero outras, coma neste caso, despóis da perspectiva dos anos sorpréndenos pola preción da imaxinación do autor e como, moitas veces, a literatura de CF é como unha cuartiña de Nostradamus. Non hai mellor exemplo disto que Xulio Verne, que non deixa de ser un friki de época que escribía CF, con una precisión tal que malla datos científicos de cousas coma por exemplo, a viaxe á Lúa.

Remataremos por facer implantes cerebrais para interactuar con maior comodidade coa informática? Ben, Kevin O´Donnell xa falou de outras cousas que xa temos entre as nosas mans.

A pregunta é, e fágoa dende un blog, dende unha pantalla de ordenador, se paga a pena sacrifica-las relacións persoais a medida que a tecnoloxía avanza, xa que nunca estivos máis en contacto pero máis anónimos no mundo, nunca tuvemos unhas fiestras tan grandes abertas pero dende os nosos cada vez máis pequenos mundos.

Agardemos a que moitos destes autores non teñan razón en todo o que se nos presenta. E dende logo, facédeme caso, baixade ó bar e tomade unha Estrella.

Aquí quedan os datos deste libro: ORA:CLE, de Kevin O´Donnell, editorial Ultramar, 1987. Que teñades sorte para atopalo.

<a href=”http://technorati.com/claim/bh5bth5kj3″ rel=”me”>Technorati Profile</a>

Deixa un comentario