Xa houbo moitos casos anteriores, pero a culpa fundamentalmente, a culpiña de todo, tena este home: Dan Brown.
Si, é horteriña, marca paquete e leva camiseta de Don Algodón con americana. Pero aparte de rirse de todos nós e poder reactiva-la economía americana só se lle petase, cos cartos que gañou cas súas historias, é o culpable desta invasión de libros de misterio histórico, con segredos e claves que achuchan as nosas librarías e a xente, polo visto, semella comprar e inda por riba ler, que mellor sería ó revés.
Digo eu que cando a alguén se lle ocorre algo que funciona, as editoriais e moito autor mercenario borbandean exprimindo a mesma historia, e de súpeto, sálvanse só excepcionalidades (e dun reducido tamaño en páxinas comparado con eses mamotretos cinematográficos), coma por exemplo “O neno do pixama de raias” que con ese nome, xa da algo de mal fario.
Dende eiquí propoño unha plataforma a PLACOMIS, para que rematemos con esta carallada de fotocopia e fotocopia de idea, ademáis de que, a este ritmo, xa poucos misterios trascendentais pra humanidade estarán por desvelar.
Se alguén quere ler algo bon, eu paseeime pola traducción de OBABAKOAK da FAKTORIA, que teño a esperanza de que traduzan o neno do pixama, pero non se pasen á cociña de Arguiñano, as memorias de Belén Esteban ou os misterios de Dan Brown. Gran traballo de FAKTORIA por achegar en galego a narrativa internacional.
Premiemos o esforzo e o que nos interese, merquémolo na nosa lingua.


