Dicídeme cántos libros coñecedes dos derradeiros anos, e (coma lin unha vez no porto de Malpica: prohibido roubar caixas e non se vale dicir non sei ler) non se vale dicir Manolo Rivas: As cousas de Ramón Lamote, Crime en Compostela ( e xa non é moi moderno), As rulas de Bakunin, Cabaret Voltaire, de Jaureguizar, pero xa en menor medida … agardade… supoño que me poderedes axudar.
A pregunta entón é, coma no cine español. ¿É que o público é parvo ou é a calidade do cine? Será por algo que a xente vai ver “Amelie” e non unha española, coma por exemplo…puff…
Pois o meu entender na nosa literatura pasa o mesmo. Hai títulos que funcionan porque son bos títulos e outros que non, por razóns expostas no Post anterior. Ou eso ou é que os galegos só prefiren ler en castelán. E se fose dese xeito, a culpa non é nosa. Non podemos cambiar de canle para ler outra cousa en galego porque está o que nos é ofertado.
Mudade a oferta e o público non mudará a demanda, pero mercará.
Dicía un gracias a Deus ou algo semellante no post anterior. Eso é por dúas (entre outras) editoriais que apostan por unha literatura de calidade en galego, e por mágoa non é galega, pero si boa.
Rinoceronte e Faktoria. De Faktoria non hai moito que dicir porque o grupo de Kalandraka trouxo un aire que todos necesitabamos e os pequenos ( e maiores) voltaron ler en galego. Rinoceronte trae ás nosas librarías perliñas (“O curioso incidente do can á medianoite”, por exemplo) que non nos deixa lugar a non ler na nosa lingua pola teima, totalmente fundada, da pregunta que antes nos faciamos. ¿Qué carallo se pode ler?
Filed under: libros | Tagged: FAKTORIA, jaureguizar, manuel rivas, o curioso incidente, rinoceronte, suso de toro


Por favor se alguén sabe cómo carallo vai o filtro de comentarios este do Akismet, que non me deixa pasar un comentario (considera que son spam) que ilustre a este ignorante cheirento