¿Temos realmente bos escritores?

Esta pregunta xurdiu hoxe dun xeito do máis inocente.

A pediatra da pequena díxonos que a partires dos seis mese xa lle deberíamos mete-lo cotiá da lectura. Ben. Non tiña libriños destes de tela con tacto e bichiños que saen e entran e o único que tiña en galego era un libro de Carlos Casares que viñera de agasallo co PAIS (en conxunto con Galaxia) , pero o non gostarme as edicións, non collín ningún exemplar máis.

Estaba ca miña pequena na cama, e mi madriña…menuda trapallada.

Que digo eu que na miña biblioteca galega hai cousas moi dolorosas, como aquela novela de Marilar Aleixandre “A compañía clandestina de contrapublicidade”, que mira que teño devoción polos libros, pero foi algo que endexamáis debeu entrar na casa.

E isto levoume a unha reflexión, CANTO TEMPO HAI QUE NON MERCO LIBROS EN GALEGO…. E  P O R Q U E   R A Z O N.

Pois ben, dígovos que as derradeiras entradas foron traduccións ó galego de obras en outras linguas. É dicir, ¿temos en Galicia bos escritores? ¿Asociamos dende sempre a figura mediatico-plítica dos autores facendo que a súa obra seña máis encumbrable?

Ou de xeito menos diplomático, este país publica ó ano a unha serie de escritores, relacionados e metidos en esferas políticas, económicas, de amizade e culturetas de Galicia que ó fin é o cabo, nin son bos libros nin atraen ó noso público.

Póñovos un exemplo.

Manuel Rivas con “Qué me queres amor?” gañou o Nacional de Literatura, como acaba de facer agora cos franchutes, se non estou desencamiñado, e a derradeira de os libros arden mal (que veña pola miña casa).

Moitos anos (Os comedores de patacas…) un estilo moi definido, un par de tumbos estes anos, supoño que é o prezo da popularidade desmesurada, películas e un longo etcétera e teño que dicir que a derradeira non a lin, pero ben, digamo-lo así, son historias sinxelas, moi da xente e co estiliño doce de Manuel que (non en tódalas novelas) te fai re-ler algún paragrafo para desfrutar un poquiño.

A parte disto, a Manuel témolo moi activo con moitas cousas das que “tocan” a sectores sensibles e desfavorecidos (política e económicamente) do páis, e ese herdar de Monte Alto, da Costa da Morte, fainos pensar que escreve ben pero é un home como da casa.

Agora ben, ese Suso de Toro, tan coñecido no seu tempo, que quería marcar aquela vangarda na literatura galega, pois que queredes que vos diga, o meu exemplar de “Tic-Tac” regaleino hai moitos anos.

Despóis temos unha serie de “eruditos” que falan un galego tan fodidamente normativo, costumbrista ou filolóxico que fan moitas das veces a lectura dos seus libros coma unha clase de galego no instituto, perdendo ritmo e sobre todo interese o lector por algo dito de semallante xeito. ¡E QUE ACASO SER ESCRITOR EN GALEGO SIGNIFICA FACER UN ALARDE DO VOCABULARIO ESTRANO E NORMATIVO? Temos que ser claros, ostia (normativa) porque a xente que fixo que a lingua permañezca viva, a parte dos vellos que si que teñen agora máis parecido co galego normativo, son as xentes do rural, ou do mar, que de cando en cando castrapea lixeiriñamente, tenche gheada e seseo e merca pantalois. É entón onde colocamos a esta presa (algo grande) de escritores “eruditos”.

Iso si, se eres un bo escritor en castelán, que non atopou lugar entre los gentelman galegos ou que por circunstacias, eres galego pero non te peta, pero vendes, diranche iso de desleigado do carallo, xente normalmente, que non ten máis que dúas ou tres reimpresións (no mellor dos casos) nas traduccións que lle fan do galego a outras linguas.

E falo dende a miña opinión, un vendedor que le, cando pode e cadno atopa algo interesante. Non son un estudioso do tema pero falo dende a visión dun home de pé de rúa, coma moitos que mercan libros, como A INMENSA MAIORIA.

Temos, por cita un exemplo, diferencias abismais ca literatura do País Vasco ou Cataluña. Estamos, cada vez menos, digamos estivemos durante anos referíndonos á literatura galega coma literatura de Castelao, Álvaro Cunqueiro e outros clásicos… necesitamos modernizarnos e darlle un golpe a todos eses que levaron durante anos a ese sopor…


Deixa un comentario